Cinemar Films



Dirección: PG. Novo Milladoiro, Rua Palmeiras 68 A
15895 Ames (A Coruña}
Contacto: Dolores Ben Pena
Teléfono: 981 536 765
E-mail: info@cinemarfilms.es
Web: http://www.cinemarfilms.es/

PROXECTOS:

Fontealba (2016-2018)
O faro (T7, 2016)
O faro (T6, 2015)
O faro (T5, 2015)
O faro (T4, 2015)
O faro (T3, 2014)
O faro (T2, 2014)
O faro (T1, 2013)
Casamos! A historia de amor de… (2012)
Concepción Arenal. A visitadora de cárceres (2012)



SERVIZOS:

EQUIPAMENTO

Equipado con tecnoloxía de vangarda e con profesionais de prestixio recoñecido, Cinemar Films ofrécelles aos seus clientes a posibilidade de mesturar as películas en formato Dolby Digital, Dolby Surround, Dolby EX, DTS… É o primeiro e único estudio de Galicia que posúe, entre outras, unha sala de mesturas Dolby Digital con proxector de cine de 35mm dunhas dimensións que superan os 100 metros cadrados. En Cinemar Films existen ademais unha sala de premesturas, gravación de efectos sala (foley) e diálogos, así como varias salas de montaxe de son.

Ademais, Cinemar ven de estrear a súa nova sala de efectos Foley. Unha estancia de máis de 30 metros cadrados e cunha altura de case 4 metros, características que lle permiten conseguir múltiples tipos de acústica. A nova sala conta cunha abondosa variedade de chans para simular pasos sobre madeira flotante, tarima, hormigón liso e rugoso, adoquín, asfalto, baldosa, goma…

As paredes da sala están cubertas por cortinas que, abertas ou pechadas, simulan as reverberacións do son en habitacións grandes ou pequenas. Outros paneles móbiles consiguen que a escea se localice nunha rúa. A sala tamén se pode empregar para realizar dobraxes que neste ambiente acadan un son máis natural, ideal para regravar audios de rodaxe (ADRs) que, por diferentes motivos, debanse repetir ou cambiar.



CURRICULUM:

Creado en 2006 e situado en Santiago de Compostela, Galicia, Cinemar Films é un estudio homologado por Dolby que nace coa finalidade de ofrecer un servizo integral de posprodución e mestura de son para cine.

Deseñado integramente polo prestixioso enxeñeiro inglés Philip Newell, Cinemar Films converteuse nun estudio de referencia en Europa para os responsables de Dolby tanto polas súas condicións acústicas como polas súas instalacións.