Fontealba
2016-2018 - RematadoTV
Asociado: Cinemar Films
Formato: Telefilme
Duración: 200x60
Idioma: Galego
Venta int.: No
SINOPSE
FONTEALBA narrará os conflitos da adiñeirada familia Douro logo de que a filla menor do clan, Nina, desaparecida desde a festa do seu 18 aniversario tras unha discusión coa nai, volva aparecer nas vidas dos habitantes da Casa Grande de Chao. Os Douro atópanse a punto de embarcarse nunha loita polo control do patrimonio familiar. O patriarca, Luís, quen nunca puido esquecer a súa filla e foi endurecendo o seu carácter, acaba de visitar ao notario para facer testamento. Tras unha vida de traballo e unha grande capacidade para os negocios, a riqueza familiar non fixo outra cousa máis que medrar. E o reparto vaise converter nunha desapiadada loita pola herdanza. Esta disputa irá acompañada de amoríos, novos nacementos e ata mortes imprevistas, que non apartarán a familia Douro do seu obxectivo: a loita pola herdanza. Por outra banda, o retorno de Nina non será casual. Ven a executar a súa vinganza e, con ela, desataranse toda unha serie de conflictos agochados.
EQUIPO TÉCNICO
Producida por Atlántica Media AI.
EQUIPO ARTÍSTICO
Luis Pereira, Sonia Castelo, Melania Cruz, Ana Santos, Sheyla Fariña, Josito Porto, Xavier Pan.