Agapi crea o Premio de Honra Dolores Ben

Agapi crea o Premio de Honra Dolores Ben

AGAPI (Asociación Galega de Produtoras Independentes) acordou crear o Premio de Honra Dolores Ben para manter viva a súa memoria e recoñecer ás persoas e institucións que encarnan os valores de loita e defensa do ben común que ela mesma representaba.

Dolores Ben foi presidenta da Asociación Galega de Produtoras Independentes (AGAPI) dos anos 2007 a 2019, dando exemplo de traballo e integridade. Muller rexa, loitadora e imprescindíbel no panorama cultural galego e estatal, contribuíu coa sua dedicación e esforzo a construír un horizonte sólido de futuro audiovisual. Asemade fundou varias empresas de referencia no eido do son, un campo no que foi pioneira como emprendedora e muller. Cinemar Films continúa o seu legado sendo o único estudo cinematográfico homologado por Dolby e DTS en Galicia.

Con este premio honorífico que leva o seu nome, AGAPI quere distinguir a labor dunha persoa, empresas ou institución que recolla os valores que ela tanto defendía e dos que facía gala cos seus actos: a forza da unión para acadar obxectivos, a perseveranza, a entrega altruísta a prol do ben común e o traballo en rede para tecer alianzas co fin de acadar un mellor porvir.

Nas vindeiras semanas a Asociación dará a coñecer o nome do/a premiado/a nesta I Edición.

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies