Francia plantexa reducir o IVE do cine a un 5%

Francia plantexa reducir o IVE do cine a un 5%

O Goberno francés estuda reducir a taxa do IVE que se aplica ás entradas de cine ao 5%, fronte ao 7% que soportan na actualidade. Esta medida, que se aplicará desde o vindeiro 1 de xaneiro, suporá que o país veciño deixará de ingresar uns 60 millóns de euros, segundo calculou o Goberno, pero podería contribuir a incentivar o consumo.

O excepcional da decisión é que chega nun momento no que Francia prepara para unha suba do IVE, que pasará do 19,6% ao 20% no tipo xeral e do 7% ao 10% no tipo reducido, o que corresponde ao cine. O anuncio do Goberno responde ás demandas do sector do cine. En Francia, a asistencia ás salas caeu nun 10% durante o último ano. Ademais, algúns profesionais queixáronse dos altos prezos que soporta o sistema de produción. En España, a taxa que se aplica ás entradas de cine está no 21%, o tipo xeral. Desde o sector cultural demándase unha baixada inminente do tipo de IVE.

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies