Filmika Galaika

Filmika Galaika



Dirección: R/Rei Abdullah, 16 planta 2
15004 A Coruña (A Coruña}
Contacto: Beli Martínez
Teléfono:
E-mail: info@filmikagalaika.com
Web:

PROXECTOS:

Eles transportan a morte (2021)
Sycorax (2021)



CURRICULUM:

Fílmika Galaika fúndase no ano 2009 coa intención de impulsar a realización de filmes de clara vocación autoral. Tras once anos é un referente na creación cinematográfica galega pola produción dalgunhas das obras máis destacadas do denominado ‘Novo Cinema Galego’, como ‘Longa Noite’ (Eloy Enciso, Locarno, 2019),’Vikingland'(Xurxo Chirro, FID Marseille, 2011), ‘Une Histoire Seule’ (Xurxo Chirro, Festival Indernacional de Cine de Mar de Plata, 2013), ou ‘Jet Lag'(Eloy Domínguez, FID Marseille, 2015).

Os filmes producidos por Filmika Galaika levan participado en máis dun cento de festivais e mostras de cine internacionais, recibindo o recoñecemento en festivais de referencia como Mar de PLata, Locarno IFF, Zinebi, Lima Independiente (Perú) ou PlayDoc, entre outros. As súas producións tamén se exhibiron en museos e centros de arte como o Museo Reina Sofia, Museum of the Moving Image (NY), Flaherty Film Seminar, Doc’s Kingdom, Centro Niemeyer ou CENDEAC.

Estas producións combinan a esixencia cinematográfica con un amplo espectro de público e prestan unha especial atención á creación de novas audiencias. Algunhas producións desta compañía foron incluidas no programa de educativo de cine para a ensinanza primaira e secundaria de Cine en curso que se desenvolve en España, Chile e Arxentina. Ademais das xa nomeadas, a compañía conta con outras producións como ‘Those That at de Distance Resemble Another'(Jessica Sarah Rinland, 2019), ‘Plus Ultra'(Helena Girón e Samuel Delgado, 2017).

Fílmika Galaika non só explora a vangarda cinematográfica, tamén explora un tipo de cine documental social con traballos como ‘Somos Acó’ (Roi Carballido e Senén Outeiro, 2012) ou ‘Manoliño Nguema’ (Antonio Grunfeld, 2019).

Nestes momentos, Fílmika Galaika está en proceso de comercialización das súas últimas obras: ‘Eles transportan a morte’ (Helena Girón e Samuel Delgado, 2021), e a curtametraxe ‘Sycoraz’ (Lois Patiño e Matías Piñeiro, 2021). Tamén traballa na produción do último traballo de Alberto Gracia ‘La Parra’, que se filmará na cidade de Ferrol neste 2021, e a longametraxe ‘Monólogo Colectivo’ de Jessica Sarah Rinland que obtivo a residencia do Festival de Cine de San Sebastián e a Hubert Bals Fund do Festival Intenacional de Cine de Rotterdam para o seu desenvolvemento.

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies