Agapi (Asociación Galega de Produtoras Independentes) organiza os vindeiros días 13 e 14 de xullo unhas xornadas de formación dedicadas a analizar aspectos relacionados coa comunicación nas empresas de produción audiovisual.
Baixo o título: “Comunicación para produtoras audiovisuais” abordaranse cuestións como a comunicación integral para produtoras audiovisuais, o manexo da web e das redes sociais (twitter, faceboook, IG, TikTok…), como elaborar unha campaña de marketing e como entender e medir o impacto nas redes sociais.
O formato de realización destas xornadas vai ser en liña, a través de plataforma Zoom. Esta formación, de balde, precisará unha inscrición previa que se poderá realizar enviando un correo a prensa@agapi.gal co nome e apelidos antes do 11 de xullo.