A produtora asociada Silvia Fuentes (Sétima) galardonada nos Premios Mulleres no Foco 2025
Silvia Fuentes, da nosa produtora asociada Sétima, foi unha foi unha das galardonadas nos Premios Mulleres no Foco 2025, promovidos pola Deputación de Pontevedra en colaboración con CIMA Asociación de Mulleres Cineastas e de Medios Audiovisuais.

O xurado acordou recoñecer a figura e traballo da nosa querida compañeira, a cal na súa corta traxectoria, ten construído enormes pontes na creación e produción audiovisual. Pensando sempre nas novas xeracións que veñen e nas grandes profesionais que a preceden. Un galardón máis que merecido.

Noraboa a Silvia e ao resto das premiadas, Beatriz Legerén e Lucía Veiga.