‘Fomos ficando sós’ (Zeitun Films) e ‘Escala un cincuenta mil’ (Rebordelos) formarán parte da 7ª edición do Cormorán Film Fest

Cormorán Film Fest, festival internacional de cine de autor da Coruña, celebra do 5 ao 15 de novembre a súa 7º edición. Como o cormorán, que se sumerxe na auga e volve a voar, buscan un cine que bucee nas profundidades da condición humana: honesto, valiente e sen máscaras. Un pequeno festival coruñés que defende o poder do cine para emocionar e crear conciencia.
‘Fomos ficando sós’, ópera prima do cineasta burelés Adrián Canoura e producida pola asociada de AGAPI Zeitun Films compite na sección de longametraxes e será a encargada de inaugurar o certame. A gala de apertura celebrarase o venres 6 de novembro ás 20:30h en Cines Cantones e contará coa proxección do filme ademais dunha ‘CormoCharla’ co cineasta.
En 1991, Raúl filma cunha cámara de mini VHS a súa rutina no mar, a bordo do seu primero barco, cousas que non sabe dicir con palabras. En terra acaba de nacer o seu fillo Adrián. Trinta años despius, Adrián embárcase ao Gran Sol guiado polas imaxes do seu pai e intenta comprender a distancia que os separa.

‘Escala un cincuenta mil’ (Ángel Suanzes) producida pola asociada de AGAPI Rebordelos, compite na sección de curtametraxes e terá a súa proxección o venres 6 de novembro ás 18:00h na Filmoteca de Galicia.
Xullo de 1974. Mentras España se encamiña cara un cambio político incerto, Carmen vive a súa propia transformación ao casar: pasa dunha vida ligada á figura do seu pai a outra pegada á do seu marido. Un retrato íntimo dunha parella nos últimos anos do franquismo.
