Alba Gallego (Kraken Media) seleccionada para participar na 6ª edición do programa de desenvolvemento profesional CIMA Mentoring 1to1

Alba Gallego (Kraken Media) seleccionada para participar na 6ª edición do programa de desenvolvemento profesional CIMA Mentoring 1to1

Alba Gallego (Kraken Media) seleccionada para participar na 6ª edición do programa de desenvolvemento profesional CIMA Mentoring 1to1

CIMA (Asociación de mulleres cineastas e de medios audiovisuais) vén de anunciar a selección das 18 profesionales emerxentes que formarán parte da sexta edición de CIMA Mentoring 1to1. Programa financiado por Netflix e ICAA que impulsa o desenvolvemento profesional de mulleres do sector audiovisual a través do acompañamento personalizado de mentoras con ampla traxectoria na industria.

O comité de selección estivo integrado pola directora Johanné Gómez Terrero, a produtora Lara Tejela, a directora de casting María Rodrigo, a directora e guionista Paula Cons e a directora, produtora e guionista Remedios Malvárez, quenes valoraron a calidade, o compromiso e a proxección das candidaturas recibidas. Ademais, de acordo cos obxectivos específicos do programa, procuraron respetar os principios de descentralización e diversidade. Atopándose dentro desta rica selección, na categoría de produción, Alba Gallego da nosa produtora asociada de AGAPI, Kraken Media.

Nas próximas semanas daranse a coñecer os nomes das mentoras que as acompañarán durante os próximos nove meses, a través de sesións de mentoría individualizada e formacións grupais dirixidas a todas as beneficiarias do programa. 

Con esta nova edición, CIMA Mentoring 1to1 continúa consolidándose como un espazo de crecemento, aprendizaxe e apoio entre mulleres profesionais do audiovisual, contribuíndo a fortalecer a presenza e o liderazgo femenino en todos os ámbitos da creación cinematográfica e audiovisual.