Premio da Crítica de Galicia 2026 para a produtora asociada de AGAPI, Beli Martínez (Filmika Galaika)

Imaxe de Alba Villar

O pasado sábado 17 de outubro tivo lugar no Auditorio de Afundación Vigo a entrega dos XLIX Premios da Crítica de Galicia. Celebrados ininterrumpidamente desde 1978, estos galardóns recoñecen a excelencia e a relevancia dos labores individuais e colectivos máis destacados nos diversos ámbitos da creación cultural e da investigación en Galicia.

Baixo o lema «é o momento non de cambiar as regras, senón de cambiar de xogo», de Begoña Caamaño, a gala recoñeceu o traballo de dez profesionais e grupos de traballo nas categorías de Creación Literaria, Investigación en Ciencia e Tecnoloxía, Investigación en Ciencias Sociais e Humanidades, Música, Iniciativas Culturais e Científicas, Artes Plásticas, Artes Escénicas, Cine e Artes Audiovisuais, Cultura Dixital e Cultura Gastronómica.

A produtora Beli Martínez, cofundadora de Filmika Galaika e asociada de AGAPI, recibiu o recoñecemento de Cine e Artes Audiovisuais. O xurado senñalou: «por unanimidade, outorgamos este premio porque é a primeira vez que se recoñece a unha muller produtora de cine, porque leva e ten levado o cine galego polo mundo».

Imaxe de M. Moralejo

Premio da Crítica de Galicia 2026 para a produtora asociada de AGAPI, Beli Martínez (Filmika Galaika)