Faladoiro ‘Agapi Impulsa’ o día 21 no Festival de Cans

Faladoiro ‘Agapi Impulsa’ o día 21 no Festival de Cans

O día 21 terá lugar un faladoiro sobre o laboratorio ‘Agapi Impulsa’ no Festival de Cans.

As persoas participantes da III Edición mostrarán algunhas imaxes sobre o estado dos seus proxectos e compartirán co público a súa experiencia logo de ter participado nas mentorías acompañados por produtoras experimentadas.

Participarán do encontro Alba Pego, co seu proxecto ‘Canguro’, Irene Pin con ‘Despois de Grecia’ e Marcos Montiel e Hugo Clemente con ‘Por un puñado de pellets’ nunha mesa moderada por Uxía Caride e Alfonso Pato.

A XXII edición do Festival de Cans terá lugar do 20 ao 24 de maio.