Tres
2020 - En produciónCinema

Asociado: Frida Films
Formato: Longametraxe
Duración: 90
Idioma: Castelán
Venta int.: Sí
SINOPSE
C. (39) é deseñadora de son. Goza co seu traballo. Pasa moitas horas soa, gravando efectos sala, wild- tracks, editando, mesturando. O estudo é o seu último refuxio: un lugar onde postergar as avariadas relacións que mantén coa súa exparella, coa súa anciá nai e cos seus compañeiros de traballo.
Aínda que ela aínda non o sabe, C. esta comezando a desincronizarse. Coma se fose unha película mal sonorizada, o seu cerebro comezou a procesar o son máis tarde que as imaxes. A medida que o delay aumenta, C. vese obrigada a deixar o traballo, a afrontar en desincronía a morte da súa nai e, finalmente, a reformularse a súa vida ao completo.
Co tempo, descubrirá que a súa discapacidade non é só un estigma. Permitiralle gañarse a vida dunha maneira sorprendente, e, sobre todo, abriralle a porta ao mundo dos xordos. Alí coñecerá a Max (45) o seu profesor de linguaxe de signos, co que xurdirá unha intensa relación impensable antes da irrupción do delay.
Un día, tal como se foi, a sincronía volve ao cerebro de C.
De súpeto está curada, pero xa non é a mesma. A súa odisea sensorial fíxoa madurar. Agora dispón dunha segunda oportunidade. Está nas súas mans non deixala escapar.
EQUIPO TÉCNICO
Producida por: FRIDA FILMS
Produtora: LUISA ROMEO
Coprodutores: NADIR FILMS
Produtores executivos: LUISA ROMEO, JUANJO GIMÉNEZ