Matria
2022 - RematadoCinema
Asociado: Matriuska Producciones
Formato: Longametraxe
Duración: 90
Idioma: Galego
Venta int.: Sí
SINOPSE
María Vázquez (Quen a ferro mata, Fariña) interpreta a Ramona, unha muller de corenta anos que vive sumida nun contexto laboral e persoal tenso e impredicible. Crúzase con Xosé, un home con quen constrúe unha inusual amizade que lle permite pensar que, igual, haxa algo novo polo que vivir.
EQUIPO TÉCNICO
Director: Álvaro Gago
Matria está producida por Matriuska Producciones, Avalon P.C, Elastica Films, Ringo Media e Felicidad La Película, AIE.
OBSERVACIÓNS
‘Matria’ é unha produción de Matriuska Producións, Avalon P. C. e Ringo Media, co apoio de ICAA, AGADIC, TVG, Deputación de Pontevedra e A Incubadora. A película parte do personaxe principal da curtametraxe homónima que levou a Álvaro Gago a recibir innumerables recoñecementos a nivel nacional e internacional, entre os que destacan o Gran Premio do Xurado no Festival de Sundance 2018 e o nomeamento ao Goya a Mellor Curtametraxe de Ficción en 2019. Estrearase na sección Panorama do Festival de Cinema de Berlín.