Lobos sucios
2015 - RematadoCinema
Asociado:
Formato: Longametraxe
Duración: 105
Idioma: Español
Venta int.: No
SINOPSE
LOBOS SUCIOS recupera un episodio descoñecido da historia galega: a presenza de nazis nas minas de wolframio de Casaio.
EQUIPO TÉCNICO
A historia está ambientada nas minas de Wolfram galegas explotadas polos nazis durante a Segunda Guerra Mundial e trátase da segunda película de Simón Casal de Miguel, que gañou o máximo galardón no World Fest de Houston coa súa primeira Tv Movie EDUARDO BARREIROS. Na dirección de fotografía está Sergi Gallardo, galardonado coa mellor fotografía no Festival de Málaga por EL SEXO DE LOS ÁNGELES. A banda sonora correrá a cargo do compositor Sergio Moure (EL CUERPO, TESIS SOBRE UN HOMICIDIO, WELCOME TO HARMONY).
EQUIPO ARTÍSTICO
Protagonizada por Marián Álvarez, Manuela Vellés, Luisa Merelas, Pierre Kiwitt, Ricardo de Barreiro, Xosé Manuel Esperante e Isak Ferriz.
OBSERVACIÓNS
Estrea: 1 de abril de 2016.
LOBOS SUCIOS é unha coprodución internacional entre as compañías españolas Agallas Films e Dream Team Concept e a belga Left Field Ventures. Está ambientada na Segunda Guerra Mundial. Baseada nunha idea orixinal de Felipe Rodríguez e con guión de Carmen Abarca, Felipe Rodríguez, Noelia del Río e Paula Cons. O filme conta coa participación de TVE, TVG e TV3, e a colaboración de ICAA, AGADIC, Centre du cinema et de l’Audiovisuel Federation Wallonie Bruxelles, e Tax Shelter belga.
LOCALIZACIÓNS
A rodaxe vai transcurrir en multitude de exteriores e interiores naturais ó longo de toda Galicia, desde unha espectacular mina de Wolfram, onde se recrearán ó milímetro as súas instalacións na década dos 40, a un case inaccesible bosque de tellos, único en España.