Dores
2020 - RematadoDocumentales
Asociado: Memoria e Cinema
Formato: Curtametraxe
Duración: 23
Idioma: Galego
Venta int.: Sí
SINOPSE
Apenas ninguén sabe que en Galicia existiron campos de concentración durante o franquismo. Dores trata sobre o descoñecemento da nosa propia historia e da necesidade de falar sobre cuestións coma estas para que non rematen soterradas e condeadas ao esquecemento unha vez máis.
EQUIPO ARTÍSTICO
Escrito por Laura Piñeiro, Maite Martínez, Clara Miñán e Coral Piñeiro.
BSO de Artur Silveiro García.
OBSERVACIÓNS
Curta premiada co Premio do Público no Ourense Film Festival, mellor curta documental no Curtas Festival do Imaxinario e no Festival de Cine Social Universitario da Universidade Miguel de Cervantes.