Cesteando
2015 - RematadoDocumentales
Asociado:
Formato: Longametraxe
Duración:
Idioma: Galego
Venta int.: No
SINOPSE
Este documental de Plácido Romero é o froito de décadas de investigación e supón un paso moi importante nunha das liñas de traballo de Arraianos Multimedia, a produtora desta longametraxe que propón unha reflexión contemporánea sobre o medio rural a través da historia dun artesán que vive nunha das zonas máis subdesenvolvidas de Galicia, cun estilo de vida alternativo nunha pequena aldea do Leboreiro.
Asistimos a unha completa desestruturación destes espazos e á perda de toda a súa riqueza. Ante esta situación cómpre facer unha reflexión sobre o medio rural e os seus valores desde unha perspectiva actual. Sen grandes teorías nin divagacións intelectuais, a historia de Toño, o Cesteiro, vainos permitir facer unha reflexión honesta e realista sobre o abandono que afecta a amplas zonas do territorio. A súa vida supón tamén o paso por unha etapa da historia do país chea de soños desconcerto e frustración, mais que no seu caso fixo agromar unha toma de conciencia de defensa do medio rural. Mais o documental non esquece a dimensión humana, creativa e mesmo divertida e enxeñosa do protagonista, un artesán que adopta un modelo de vida alternativo, que como el mesmo recoñece, xeroulle enormes dificultades e privacións que foi vencendo a base de traballo e sacrificio.
Toño aprendeu os oficios de labrego e de cesteiro ao longo da súa vida. Hoxe este home posúe a mellor colección de cestería de España. É un investigador, formador e erudito do tema e a súa sensibilidade á hora de explicar os usos, as formas, e as historias das súas obras e das que foi recollendo durante décadas, fan desta persoa alguén moi especial, que nos fai reflexionar sobre as nosas propias vidas, os nosos desexos e as nosas necesidades individuais e colectivas, e sobre o futuro do territorio.
EQUIPO TÉCNICO
Dirección: Plácido Romero
Produción Executiva: Aser Álvarez (Arraianos Producións) e Mariana R.
OBSERVACIÓNS