As Defensas
2023 - En desenvolvementoCinema
Asociado: Cósmica Producións
Formato: Longametraxe
Duración:
Idioma: Galego
Venta int.: Sí
SINOPSE
Vigo, 1980. En plenas manifestacións de estudantes, María (17) comeza a traballar na oficina dun taller de coches. Para a súa sorpresa, descobre que na nave contigua hai un grupo de bailaríns entre os que está Cristina. Comezan unha relación que a ningunha deixará indiferente.
Grupos de estudantes maniféstanse pedindo melloras no autobús urbano. Baixo o berro de “pases pro bus!” está María, unha adolescente que pasa as súas tardes na rúa, evitando estar na casa familiar onde vive co seu irmán pequeno, a súa irmá maior e os seus pais. A rutina de María cambia ao verse obrigada a empezar a traballar na oficina do taller de coches onde tamén traballa o seu pai. O que para ela é un espazo hostil, frío e aburrido cambia ao descubrir un buraco nunha das paredes do taller. Un buraco a través do que comeza a espiar o que ocorre na nave contigua, que está ocupada por un grupo de bailaríns. A súa atención céntrase na danza de Cristina e comeza a acudir ás agachadas ao buraco, para observar en segredo a esta moza tan misteriosa. O que María non sabe, é que a ela tamén a observan desde o outro lado.
EQUIPO ARTÍSTICO
Dirección Lucía Estévez.
Produción executiva Nati Juncal Portas.
OBSERVACIÓNS
Co financiamento da Axencia Galega das Industrias Culturais (Xunta de Galicia).
Proxecto seleccionado en Torino Film Lab, Nouveau Marché – Festival du Nouveau Cinéma de Montréal, I+P INCUBA do Clúster Audiovisual Galego, Programa Rueda da Academia de Cine e SemilleruLab do 21FICX.