100% CEF, unha biografía de Celso Emilio Ferreiro
2012 - RematadoDocumentales
Asociado:
Formato: Longametraxe
Duración: 60
Idioma: Galego
Venta int.: No
SINOPSE
Reconstrución da biografía de Celso Emilio Ferreiro, un dos poetas máis notables de Galicia, na que se exploran todas as posibilidades expresivas do xénero do documental audiovisual, cunha execución novedosa e orixinal. Creado a través de testemuños, lecturas, músicas e intervencións artísticas, trázase un percorrido dinámico e áxil polos momentos e lugares decisivos da súa intensa vida e pola súa extensa obra.
Trátase dun exercicio interpretativo no que amigos, familiares, expertos, biógrafos, músicos, pintores, escultores e personaxes diversos, famosos e anónimos, organizan o discurso xeral da obra coa finalidade de “facer un pandeiro” do gran escritor, con toda a carga metafórica que suxire este dito popular.
O documental foi froito dun profundo estudio sobre a figura do autor celanovés por parte de Aser Álvarez que cristaliza, en 2012, ano de Celso Emilio Ferreiro, neste especial e creativo traballo. Nel sobresae a contemporaneidade, singularidade e diversidade da súa poesía, ás veces controvertida e ás veces unanimemente sublime. Pero sobre todo, a enorme transcendencia que acada despois da súa morte. Non soamente como inspirador de grande parte da lírica e de distintas manifestacións artísticas posteriores senón polas súas múltiples reinterpretacións actuais, encadradas en variadas tendencias, algunhas delas de carácter vangardista e xuvenil. O seu discurso universal e a súa mensaxe poética están acadando unha esperanzadora proxección de futuro da man dun sector importante das novas xeneracións.
Estamos pois ante unha obra mestra, amena e enxeñosa que nos axudará a entender, desde novos puntos de vista, e desde as inestables circunstancias vitais da realidade na que lle tocou vivir, a traxectoria persoal dun escritor crucial para a cultura galega coa súa inmensa carga de sensibilidade, humanidade e capacidade creativa.
EQUIPO TÉCNICO
Produción executiva, guión e dirección: Aser Álvarez.
EQUIPO ARTÍSTICO
Con Luís Tosar no papel de Celso Emilio Ferreiro.
OBSERVACIÓNS
Premio Mestre Mateo ó mellor documental.
Premio Xose Aurelio Carracedo de xornalismo.
Special award in Bucarest International Film Festival.