CINEUROPA celebra a súa 40ª edición con 8 títulos de produtoras asociadas de AGAPI dentro da súa programación
CINEUROPA, Festival Internacional de Cine de Santiago de Compostela, celebra a súa 40ª edición do 6 ao 22 de novembro, cunha programación que promete ofrecer á cidade o mellor cine nacional e internacional da temporada. Nesta proposta atópanse 8 títulos de produtoras asociadas de AGAPI.

Dentro da Sección Oficial a Concurso ‘Cineastas do Presente’ atópase o recoñecido filme estreado en Cannes, ‘Titanic Ocean’ (Konstantina Kotzamani) producido por Frida Films. Así como a ópera prima de Sebastián Uría ‘Adiós, Ríos’. O filme, producido por Tamboura Films vén de gañar o Premio ‘Pilar Miró’ á Mellor Nova Dirección Española no Festival de Cine de Valladolid, e formará parte tamén da Sección Oficial Panorama Audiovisual Galego de CINEUROPA.

A Sección DOCS CONEUROPA alberga o documental ‘Hoxe e o resto do mundo’ de Cecilia Betz. Coa súa estrea mundial no Festival de Cinema de Xixón e producida por Matriuska Produccións, formará parte ademais da programación de obras galegas do certame.

‘Monstro’, a nova película de Andrés Goteira producida por Gaitafilmes, Mordisco Films e Indígena Films, viaxa directamente do Festival de Cinema de Sevilla a CINEUROPA. Formando parte da Sección Oficial Panorama Audiovisual Galego así como da Sección Fantastique Compostela.

‘Os invitados’ dirixida por Stefan Butzmühlen e Cristina Diz e producida por Frida Films, formará parte da sección galega do certame. Recementemente premiada no Festival Abycine aterra en CINEUROPA coa súa estrea en Galicia.

‘Tralovento’ (Zeitun Films) estará presente na Sección Oficial Panorama Audiovisual Galego de CINEUROPA. A longametraxe de Eloy Domínguez Serén vixa do Thessaloniki Film Festival ata Compostela, cun dos seus primeiros pases en Galicia.

A recoñecida obra ‘Todo é cárcere’ de Eloy Enciso, producida por Filmika Galaika estará presente tamén no festival santiagués. Tras a súa estrea no Festival de Cine de Marsella con premio incluído, o filme chega a Galicia dentro da Sección Oficial Panorama Audiovisual Galego.

Finalmente ‘As Augas’ ópera prima de Ledicia Sola producida por Maruxiña Film Company e Matriuska Producións será a encargada de clausurar o certame. O filme, que vén de ter a súa estrea mundial na Seminci de Valladolid, formará parte ademais da Sección Oficial Panorama Audiovisual Galego de CINEUROPA.
