As xornadas educativas ‘Detrás da pantalla. Como se fai o que vemos?’ achegaron o mundo do cinema aos colexios de Lugo, da man de AGAPI e a Vicepresidencia de Cultura da Deputación
As xornadas educativas “Detrás da pantalla. Comos se fai o que vemos?”, organizadas pola Asociación Galega de Produtoras Independentes co apoio da Vicepresidencia de Cultura da Deputación de Lugo, achegou o mundo do cinema ao alumnado de seis centros educativos da provincia neste mes de outubro
Co obxectivo de achegar de primeira man as experiencias e coñecemento dos profesionais do sector audiovisual galego co fin de potenciar o papel da produción independente en galego en contacto directo coa mocidade. Unha experiencia de aprendizaxe dinámica que descubiru á rapazada de 6º de primaria os segredos da creación audiovisual.
As xornadas comezaron o 5 de outubro no CEIP Plurilingüe Os Castros, en Burela, coa nosa produtora asociada Laura Doval, de Gaitafilmes.

O CEIP Plurilingüe Eloisa Rivadulla de Chantada foi o seguinte destino destas xornadas educativas. Celebráronse o 9 de outubro da man da nosa produtora asociada Marina García, de Sintagma Films.

A capital de provincia tivo a súa quedan o 14 de outubro. O centro beneficiario desta actividade foi o CEIP Albeiros, ao que asistiu a nosa produtora asociada Tania Vila, de Artyc Contet. Exalumna do colexio.

A quenda do CEIP Terra Chá, en Vilalba, chegou o 16 de outubro da man de Marta Eiriz da nosa produtora asociada Danga Danga Producións.

O penúltimo centro en recibir esta xornada educativa foi o CEIP Plurilingue Monforte de Lemos, ata o que viaxou o pasado 19 de outubro Irene Pin, da nosa produtora asociada Aqueladas.

O noso produtor asociado Andrés Sanjurjo, de Acariño Films, foi o encargado de impartir a derradeira xornada ‘Detrás da pantalla. Como se fai o que vemos?’. Foi no CEIP Freis Luís de Granada , en Sarria, o pasado mércores 21 de outubro.
