‘Nutritives’, nova serie de animación producida por Henfunk Studio, xa dispoñible na plataforma online do Xabarín

A TVG ten xa dispoñible no seu catálogo online do Xabarín a serie educativa de animación máis orgánica e sen editivos: ‘Nutrititves’, producida pola produtora asociada de AGAPI, Henfunk Studio.
Esta idea orixinal de Anita Pico conta cunha primeira tempada de 6 capítulos onde os alimentos, os órganos e outras partes do corpo cobran vida. Unha proposta cómica e diferente para concienciar aos máis cativos sobre o coidado da saúde a través da boa alimentación.
Cada episodio está protagonizado por novo enredo cheo de humor, misterio e situacións inesperadas que nos axuda a entender mellor a inxesta de alimentos e o funcionamento do corpo humano.
