‘Os invitados’ (Frida Films) e ‘O da miña nai’ (Zeitun Films) premiadas no Abycine Festival Internacional e Cine de Albacete

‘Os invitados’ (Frida Films) e ‘O da miña nai’ (Zeitun Films) premiadas no Abycine Festival Internacional e Cine de Albacete

‘Os invitados’ (Frida Films) e ‘O da miña nai’ (Zeitun Films) premiadas no Abycine Festival Internacional e Cine de Albacete

Abycine Festival Internacional de Cine de Albacete vén de pechar a súa 28º edición con dous recoñecementos para producións de asociadas de AGAPI dentro da programación do certame así como de Abycine Lanza, o seu espazo de industia.

Un dos principais recoñecementos no palmarés deste 2026 foi para ‘Os invitados‘, producida pola asociada de AGAPI Frida Films, que se alzou co Premio Abycine Indie do Xurado Novo, dotado con 6.000 euros. Dirixida por Cristina Diz e Stefan Butzmühlen, e con Greta Fernández como protagonista, a película aborda a emigración española a Alemania durante os anos setenta a través dunha historia sobre as raíces, os vínculos familiares e a identidade.

Por outra banda, Abycine Lanza, o Mercado del Audiovisual Independiente do Festival Internacional de Cine de Albacete, clausurou a súa undécima edición coa entrega de premios e axudas aos proxectos cinematográficos máis destacados. Onde se distribuiron máis de 100.000 euros en axudas económicas, incentivos e servizos profesionais durante catro xornadas adicadas ao desenvolvemento, a financiación e a distribución do cine independente. Dentro de Abycine Lanza, a produción da asociada de AGAPI Zeitun Films, ‘O da miña nai’, dirixida po Nerea Barros, obtivo o Premio MAFIZ, que permitirá ao proxecto participar na área de industria do Festival de Málaga en 2027.