Xornada en liña: ‘As periferias tamén existen. Producindo desde Galicia’

Xornada en liña: ‘As periferias tamén existen. Producindo desde Galicia’

Agapi (Asociación Galega de Produtoras Independentes) organiza o vindeiro día 11 de decembro unha xornada de formación en liña dedicada a analizar os aspectos relacionados coa produción dun proxecto audiovisual. Estas xornadas contan co apoio e colaboración da Deputación da Coruña.

Baixo o título ‘As periferias tamén existen. Producindo desde Galicia’ preténdese poñer o foco en diversas cuestións como a produción para o mercado internacional, o deseño de produción desde plató ou a importancia da postprodución sonora. A xornada será de balde e retransmitida en streaming pero precisará dunha inscrición previa. Os/as interesados/as deberán enviar un correo a prensa@agapi.gal antes do 9 de decembro, indicando Nome e apelidos e enderezo electrónico.

PROGRAMA

10h. Benvida. Felipe Lage, presidente de Agapi e produtor en Zeitun Films.

10.15h-10.45h. A irrupción das series en galego nas plataformas de VOD. Alfonso Blanco, Portocabo.

10.45h-11.15h. A importancia da postprodución sonora. Jacobo Peña, Cinemar Films.

11.15h-11.45h. Marketing de contidos. Creatividade, produción e innovación ao servizo das marcas. J.A.Velo, Astrágalo Studio.

11.45h-12.15h. O deseño de produción desde plató. Javier López, Tex45.

12.15-13h. Producindo para o mercado internacional. Ruth Chao, Somadrome e Felipe Lage, Zeitun Films. Modera: Iván Patiño, Amanita Studio.

13h.-13.30h. Horizontes a trazar tras o éxito do filme ‘O que arde’. Andrea Vázquez, Miramemira.

13.30h-14h. Preguntas foro. Moderado por Felipe Lage, presidente de Agapi e produtor en Zeitun Films.

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies