Pipo
2025 - En produciónAnimación

Asociado: Undodez
Formato: Outro
Duración:
Idioma: Galego
Venta int.: No
SINOPSE
Berta é unha rapaza de seis anos que vive coa súa nai e co seu irmán pequeno, un cativo de ano e medio que aínda non anda nin fala e ao que chama sempre Mocos.
O primeiro día do novo curso escolar, Berta descubre no patio traseiro a Pipo, un extraterrestre que caeu do ceo. Berta decide acollelo no seu cuarto sen saber que Pipo é bastante diferente a ela: ruidoso, desordenado… E cun apetito desbocado que fai que coma practicamente calquera cousa. Pero ademais de moita fame, Pipo ten, tamén, outros moitos secretos.
Pipo intégrase na familia e vai descubrindo con sorpresa e curiosidade todos os hábitos dos humanos: desde lavar os dentes ata pelar as laranxas. O mundo cotiá de Berta convértese así no escenario dunha aventura permanente: que fará hoxe Pipo?
EQUIPO TÉCNICO
Idea orixinal: Andrés Mahía
Dirección: Laura Mahía
Guión: Andrés Mahía
Son e músicas orixinais: Santi Jul e Iván Laxe
Dirección de arte: Laura Mahía
Animación e rigging: Lucía Rodríguez
Voces: Lidia Veiga, Oswaldo Digón e Lucía Veiga
Produción: Laura Pazienza Signo
Produción executiva: Álvaro Pérez Becerra e Andrés Mahía
Asesoría pedagóxica: Patricia Castrillón
Produción: Elisa Martínez, Laura Canto, Laura Sixto, Miguel Vázquez e Pablo Goirigolzarri