Justicia Artificial
2024 - RematadoCinema

Asociado: Abano Producións
Formato: Longametraxe
Duración: 95
Idioma: Español
Venta int.: Sí
SINOPSE
O goberno español anuncia un referendo para aprobar un sistema de Intelixencia Artificial na Administración de Xustiza que promete automatizar e despolitizar a xustiza substituíndo, na práctica, aos xuíces e xuízas en todos os tribunais do país.
O referendo desata unha encarnizada campaña electoral na que se enfrontan o Goberno, en alianza coa tecnolóxica creadora do sistema, e a carreira xudicial, que defende o carácter humano da xustiza.
Carmen Costa, unha recoñecida xuíza, é convidada a traballar no desenvolvemento do proxecto, pero a repentina desaparición de Alicia Kóvack, creadora do sistema, provoca unha gran desconfianza nela, ata o punto de entender que está a descubrir a punta do iceberg dunha conspiración que pretende controlar, desde a xustiza, a todo un país.
EQUIPO TÉCNICO
Produción | Abano Producións, Tornasol Media, Ukbar Films, Justicia Artificial AIE
Producción executiva | Chelo Loureiro, Mariela Besuievsky, Pandora Da Cunha
Dirección | Simón Casal de Miguel
Guión | Simón Casal de Miguel, Víctor Sierra
Música | Sofía Oriana Infante
Xénero | Thriller político