Ao son da nova regueifa
2026 - RematadoDocumentales
Asociado: Undodez
Formato: Longametraxe
Duración:
Idioma: Galego
Venta int.: No
SINOPSE
Todo comeza cunha busca, a da Nova Regueifa. Nese proceso, rematamos decatándonos de que xa estamos camiñando ao son dela. Este documental propón unha viaxe na procura das pontes construídas entre a Regueifa tradicional e as súas expresións máis contemporáneas, afondando no proceso de recuperación e transformación desta arte da improvisación oral na Galiza.
Nun percorrido que atravesa o país de norte a sur, coñecemos regueifeiras e regueifeiros que nos abren as portas ao mundo do repentismo, traendo á fronte o talento, a creatividade e a diversiadade que caracteriza a Regueifa hoxe en día. Neste itinerario que vai de Bergantiños a Vigo, non deixan de presentársenos unha serie de opostos: tradición e modernidade, aldea e cidade, aprendizaxe innata e pedagoxía…
A través de testemuñas apaixonadas, versos improvisados e moita música, trazamos un retrato poliédrico da Regueifa contemporánea: unha arte con raíces fondas e ás abertas, disposta a seguir improvisando polos camiños do vento.
EQUIPO TÉCNICO
Dirección: Manolo Maseda e Saúl Rivas
Produción executiva: Xosé A. Touriñán, Manolo Maseda, Álvaro Pérez Becerra e Javi Lopa
Guión: Manolo Maseda e Saúl Rivas
Realización: Jairo Iglesias
Operadores de cámara: Jairo Iglesias e Adolfo Fernández
Edición: Jairo Iglesias e Iria Martínez
Son en directo: Alberto Blanco, Borja Freire e Pablo Vidal
Posprodución de son: Santi Jul e Iván Laxe
Música orixinal: Antía Ameixeiras (violín), Olaya Liñares (clarinete), Richi Casás (saxofón), Manu Paino (trompeta), Manolo Maseda (acordeón)
Música cedida: Caamaño & Ameixeiras, Sés, A Orquestra Bravú Xangai, O Sonoro Maxín, Peter Petrowsky, Alba María
Dirección de produción: Laura Canto
Xefatura de produción: Miguel Vázquez
Equipo de produción: Lucía Pallín, Alba Gilda e Brais Alvarellos
Fotografía: Aigi Boga
Deseño gráfico: Noa Fernández
Modelos portada: Mariña Maseda e Antía Maseda
Equipo de Undodez: Elisa Martínez, Ana Mariño, Pablo Goirigolzarri e Icía López