A ausencia
2014 - En desenvolvementoCinema

Asociado: Zeitun Films
Formato: Longametraxe
Duración:
Idioma: Español
Venta int.: No
SINOPSE
Aleixo vive nun pobo de pescadores na costa galega. Durante anos levou unha vida sen sentido e chegou a frecuentar o mundo das drogas. Hai pouco casou con Mariña, que está embarazada.
Aleixo tenta abrir un taller de deseño de táboas de surf. Ao non ter fondos para iso, e grazas ao apoio do seu primo gardacostas, bótase á pesca furtiva de percebes.
Durante este traballo tan rendible coma perigoso Aleixo sofre un accidente. El e o seu can Coxo son irremediablemente absorbidos, sen poder facer nada, polo mar. Ninguén sabe que foi del. Consegue chegar a unha illa remota: home e can fican atrapados nela. Sen saber se algún día dará regresado a casa, Aleixo tenta sobrevivir con escasos medios. Mentres tanto, en terra, Mariña dá a luz de forma prematura.
Só na infinitude do océano, Aleixo perde o sentido da realidade. Talvez el e o seu can afogaron no mar e agora están a vivir no alén, na mítica illa da que o seu avó adoitaba falar.
OBSERVACIÓNS