A película ‘Lúa Vermella’, dirixida por Lois Patiño e producida por Zeitun Films e Amanita Films, vén de ser galardoada coa Biznaga de Prata á Mellor Película Española na sección ZonaZine do Festival de Málaga.
O documental ‘A Media Voz’, dirixido por Heidi Hassan e Patricia Pérez e producido por Matriuska Producciones, acada a Biznaga de Prata á Mellor Dirección. A postprodución deste filme correu a cargo da empresa galega Cinemar Films.
Ambas películas están distribuidas por Elamedia Studios.