Audiovisual con perspectiva europea é o título dunha nova sesión de Galicia PRO Filme, que terá lugar o vindeiro 20 de abril na Cidade da Cultura de Galicia, con Thomas Gammeltoft, director creativo da compañía danesa True Content Entertainment, como relator. No marco do seu programa de formación para profesionais da industria audiovisual galega, a Axencia Galega das Industrias Culturais da Xunta de Galicia volve colaborar coa Fundación Oficina Media España, da que forma parte, para organizar esta sesión sobre a importancia de adoptar unha perspectiva europea tanto desde o punto de vista da creación ou da produción, como desde as entidades de financiamento público. Con este fin, abordaranse diferentes estratexias para ampliar mercados e acceder a a audiencias máis diversificadas.
- Mércores, 20 de abril de 2022. 17,00 h.
- Auditorio 2 do Edificio CINC. Cidade da Cultura de Galicia. Santiago de Compostela
- Dirixido a profesionais da industriua audiovisual
- Acceso libre, previa confirmación de asistencia no enderezo audiovisual.agadic@xunta.gal