Manolo López: “Apostar por unhas instalacións de calidade foi un antes e un despois na historia de Tex45, hoxe en día xa somos un referente”

Manolo López: “Apostar por unhas instalacións de calidade foi un antes e un despois na historia de Tex45, hoxe en día xa somos un referente”

A historia de Tex45 Produccións comeza como moitas das grandes historias, nunha discoteca, en concreto na mítica sala de festas LP45 en Ordes (A Coruña). A sala chegou a albergar ata 4.000 persoas, pero hoxe en día é un estudio para cinema e televisión e unha produtora audiovisual referente en Galicia. Falamos co seu director, Manolo López, sobre como foi esa reconversión e como souberon adaptarse aos cambios do sector nos últimos 20 anos.

Foi no ano 1998 cando a Televisión de Galicia decidiu utilizar LP45 como estudio para o seu clásico programa Tekele Tekele, isto foi o embrión de Text45 Producións que durante anos foi combinando a súa actividade audiovisual pola semana coa nocturna nas fins de semana. Xa en 2005 constitúense formalmente como produtora, pero o momento decisivo chega hai 3 anos cando deciden facer un gran investimento nas instalacións e reconverter totalmente a sala de festas nun estudio de 1000 metros diáfanos, que conta con todos os servizos necesarios para poder levar a cabo calquera tipo de proxecto audiovisual. O novo estudio estreárono coa película Feedback de Vaca Films, que se rodou integramente alí.

En Tex45 Producións traballan principalmente en tres sectores: eventos, publicidade e audiovisual, ademais de por suposto alugar o estudio e servizos para diferentes producións galegas e nacionais. En televisión fixeron as dúas tempadas de Malo Será para a TVG e esperan pronto asinar a terceira. Actualmente, no estudio acaban de empezar a gravar Malicia Noticias, programa para o que TVG utiliza os servizos de estudio e son de Text45. Para o próximo ano teñen dous proxectos máis para tele que esperan confirmar pronto pero dos que aínda non podemos desvelar máis datos. Ademais, desde hai xa uns anos empezaron a rodar anuncios publicitarios para clientes como Abanca ou Xunta de Galicia. Dentro dos eventos organizaron grandes aniversarios para empresas galegas e para a 2020 esperan ampliar esta área cun evento de gastronomía e outro de música.

O equipo de Tex45 Producións está formado por unhas 20 persoas fixas, pero con producións como Malo Será poden chegar ata os 60, e é que en palabras de Manolo López director da produtora, “poder dar traballo a toda esa xente é unha as maiores recompensas de ser un empresario”. Ademais, Manolo recalca a enorme profesionalidade que existe no sector audiovisual galego, “eu funme formando dentro desta profesión día a día, e en parte é grazas a toda esa xente coa que traballo que ten un talento brutal”. Para Manolo o futuro do sector audiovisual galego pasa por empezar a vender todo ese talento a grandes plataformas como Netflix ou Movistar, “para crecer temos que empezar a saír fóra”.

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies