O distribuidor, exhibidor e produtor Enrique González Macho foi reelixido esta fin de semana presidente da Academia de Cine no transcurso da Asemblea Xeral que se celebrou na sede da institución.
No que será o seu segundo mandato á fronte da Academia, o fundador de Alta Films e propietario dos cines Renoir está respaldado polo actor Antonio Resines e a directora e guionista Judith Colell, que ocuparán os cargos de vicepresidentes primeiro e segundo, respectivamente. O reconto de votos cerrouse con 290 votos para Enrique González Macho e 110 para Piluca Baquero. En branco, 22 votos e 1 nulo. O reconto total de votos foi de 423.