‘El cuerpo de cristo’ (Bea Lema) producida pola nosa asociada Abano Producións, Premio á mellor Curtametraxe do Festival Internacional de Cortometajes de Aguilar de Campo

‘El cuerpo de cristo’, a marabillosa curtametraxe de Bea Lema producida pola nosa produtora asociada Abano Producións, ven de gañar o Premio Galleta Gullón de Oro á mellor Curtametraxe do Festival Internacional de Cortometajes de Aguilar de Campo. Unha obra que protagoniza Adela, a cal padece un trastorno mental que non recoñeceme como tal, o que a leva a buscar a solución na relixión e en ritos populares.

“Adela, padece un trastorno mental que non recoñce como tal, o que a lleva a buscar a solución na relixión e en ritos populares. A protagonista séntese incomprendida tanto pola súa familia como polo entorno médico e psiquiátrico, onde a medicación se presenta como o remedio absoluto a todos os seus problemas. Pero ela precisa que alguén escoite o que realmente lle ocorre. Cree estar vixiada, sente una presencia que as veces a toca e lle faie dano. O único lugar onde a súa realidade ten cabida é a relixión, o que a leva a visitar a unha curandeira á que ao fin confesa como e cando empezou todo.”
