‘Detrás da pantalla. Como se fai o que vemos?’ chega aos centros escolares da man de AGAPI e a Deputación da Coruña 

‘Detrás da pantalla. Como se fai o que vemos?’ chega aos centros escolares da man de AGAPI e a Deputación da Coruña 

‘Detrás da pantalla. Como se fai o que vemos?’ chega aos centros escolares da man de AGAPI e a Deputación da Coruña 

AGAPI (Asociación Galega de Produtoras Independentes) arranca un ano máis a actividade formativa por centros de ensino da provincia da Coruña. Traballando nesta ocasión co alumnado de 6º de primaria a través das xornadas educativas ‘Detrás da pantalla. Como se fai o que vemos?’ que contan co apoio da Deputación da Coruña.

O obxectivo é achegar de primeira man as experiencias e coñecemento dos profesionais do sector audiovisual galego aos diferentes Centros de Educación Infantil e Primaria (CEIP) da provincia co fin de potenciar o papel da produción independente en galego en contacto directo coa mocidade.

Esta primeira edición percorrerá seis centros escolares, arrancando o mércores 8 de abril no CEIP Felipe de Castro (Noia) con Iria Iglesias da nosa productora asociada Aqueladas. O venres 10 Alba Prol, de Meteórica Cinema visitará o CEIP A Maía (Ames) e Simone Saibene de Noveolas Producciones o CEIP Plurilingüe Mestre Rodríguez Xixirei (Sabugueiro). A actividade continuará o venres 24 de abril na cidade da Coruña, onde o noso produtor asociado Andrés Sanjurjo, de Acariño Films, traballará co alumnado co CEIP Plurilingüe José Cornide Saavedra. No mesmo día, en Santiago de Compostela, o CEIP Lamas de Abade recibirá a Gael Herrera de  Tamboura Films. As xornadas ‘Detrás da pantalla. Como se vai o que vemos?’ finalizarán o martes 28 no CEIP de Arteixo coa nosa asociada Laura Pazienza da produtora H501.

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies