Conclúe con éxito o roteiro educativo por institutos “Elas, produtoras executivas”, organizado por AGAPI e a Deputación de Ourense
Desde AGAPI Asocación Galega de Produtoras Independentes e a Deputación de Ourense levouse a cabo o roteiro educativo Elas, produtoras executivas. Un percorrido polo Institutos de Educación Secundaria da provincia de Ourense que tivo como finalidade potenciar o papel capital que teñen as mulleres na produción audiovisual a través do visionado da peza documental propia Elas, produtoras executivas (26 min) acompañado dun posterior debate co alumnado por parte dalgunha das protagonistas do documental. Os encontros estiveron presididos pola xornalista Mónica V. Lopo que fixo as presentación e moderou as conversas entre o alumnado e as convidadas.
O primeiro destes encontros tivo lugar o día 10 de xuño, no IES Xermán Ancoechea de Trives e a convidada para este primeiro debate foi a produtora Rosa Taboada, de Martela Films. O acto contou tamén coa intervención de Candela Velasco, responsable da Área de Contorna Segura do OUFF Festival Internacional de Cine de Ourense.


Unha vez iniciado o novo curso e tendo superado xa o prazo de avaliación inicial, o 20 de outubro retomamos o roteiro Elas, produtoras executivas na provincia de Ourense. Alba Gallego, da nosa productora asociada Kraken media, asistió ao IES Xesús Ferro Couselo, na capital da provincia. Atopándose cunha implicación moi elevada do alumnado na temática tratada.



