“Camiño ou Sirât: o diálogo entre dirección e fotografía”. Aula CREA co DOP Mauro Herce
A Asociación galega de profesionais da dirección e realización CREA lanza un novo curso dentro da súa Aula CREA: “Camiño ou Sirât: o diálogo entre dirección e fotografía”, un curso do director de fotografía Mauro Herce

Partindo da idea do camiño —ou sirât, entendido como unha travesía de decisións creativas—, o curso abordará como director/a e director/a de fotografía constrúen xuntos a linguaxe visual dun proxecto: desde a concepción estética ata a resolución técnica no set. Analizaranse procesos de traballo, metodoloxías de comunicación e ferramentas prácticas que permiten transformar unha intención narrativa nunha imaxe coherente e expresiva.
Contidos principais:
– O director e o director de fotografía: roles, responsabilidades e zonas de intersección.
– A construción dunha proposta visual: referencias, conceptos e toma de decisións.
– Da idea ao plano: tradución da narrativa á linguaxe da luz, o encadre e o movemento.
– Comunicación e metodoloxía de traballo entre departamentos.
– Análise de secuencias e casos prácticos de produción.
Destinatarios: Profesionais do audiovisual en activo interesados en profundar nos procesos de colaboración creativa entre dirección e fotografía.
Duración: 6 horas (xornada intensiva nun único día).
Data e hora: Sábado 28 de marzo de 10 a 14 horas e de 15:30 a 17:30 horas
Lugar: Museo Gaiás (Santiago de Compostela)
Prazas: 20
Prezo: 60 euros para socias CREA / 100 euros para non socias
Inscricións: coordinacion@crea.gal , antes do luns 23 de marzo