Autor: agapi

Chega a Semana de Cinema Galego, da man da Academia Galega do Audiovisual

A cuarta edición da Semana do Cinema Galego, unha cita consagrada ao talento máis próximo, exhibirá durante seis días no Teatro Colón nove das producións máis recentes e recoñecidas da industria cinematográfica asinada en Galicia, do 14 ao 19 de marzo no Teatro Colón da Coruña. Programación completa Hoxe mércores …

Manolo González presenta mañá (mércores 15) ‘Nos días encantados de agosto’, a súa biografía de José Gil, en NUMAX

A libraría NUMAX acollerá o próximo mércores 15 de marzo ás 20h00 a presentación da biografía sobre a figura de José Gil, titulada «Nos días encantados de agosto», editada por Galaxia. O autor estará acompañado no acto pola cineasta Margarita Ledo Andión e o docente e xornalista Manuel Gago. A entrada é libre ata completar aforo.  …

O foro de coproducción internacional VENTURA anuncia os premiados na súa I edición

Durante os días 8 e 9 de marzo celebrouse o foro de coprodución internacional VENTURA en Tui (Galicia), un evento no que participou un selecto grupo de profesionais da produción, programación, vendas e distribución de países como Suíza, España, Reino Unido, Alemaña, Grecia, Suíza, Serbia, Italia, Dinamarca ou Estados Unidos, …

Moitas empresas de AGAPI galardoadas na XXI edición dos Premios Mestre Mateo

A edición máis ourensá dos Premios Mestre Mateo consagrou ‘O corpo aberto’ como Mellor Película. O filme dirixido por Ángeles Huerta e producido por Ollovivo, fíxose con 12 das 16 figuras ás que era candidata. O premio á Mellor Película de animación foi para ‘Unicorn Wars’, dirixida por Alberto Vázquez …

Formación Proxecta “festivais de cinema e dereitos de autor”

Desde Proxecta organizan unha formación en liña para o luns, 27 de marzo, sobre dereitos de autor e propiedade intelectual. Martín Bello, avogado especialista en propiedade intelectual e industrial será a persoa encargada de impartir esta formación de carácter práctico. En concreto, estudaranse aquelas situacións nas que os dereitos de propiedade intelectual poidan …

Estreas e participación de empresas de Agapi no Festival de Málaga

O Festival de Málaga que arrinca hoxe e que durará ata o 19 de marzo contará coa participación de películas galegas como ‘Matria’, dirixida por Álvaro Gago e producida por Matriuska, ‘Sica’, dixirida por Carla Subirana e producida por Miramemira que competirán na sección oficial do Festival de cine de …

Estrea en cines ‘María Casares, la mujer que vivió mil vidas’

A película, cunha narración visualmente creativa, proponnos unha aproximación íntima e profunda -a través de extractos das súas  memorias- á vida da actriz mítica María Casares. Unha figura asombrosa, magnética e fundamental nas artes escénicas da Europa do século XX. Trátase dunha homenaxe realizada desde Galicia e desde España, ás …

A Deputación de Ourense e AGAPI organizan un roteiro de mulleres produtoras executivas pola provincia de Ourense

A Deputación de Ourense e AGAPI organizan un roteiro ‘Elas, produtoras executivas’. Unha iniciativa para o empoderamento feminino’, que percorrerá diversos centros de ensino secundario da provincia. O roteiro está dirixido ao alumnado de 4º da ESO por ser o curso inmediatamente anterior ao Bacharelato, etapa crucial na selección e …

A Deputación de Pontevedra colabora con AGAPI na celebración dun roteiro de mulleres produtoras executivas pola provincia de Pontevedra

A Deputación de Pontevedra e AGAPI colaboran co roteiro ‘Elas, produtoras executivas’. Unha iniciativa para o apoderamento feminino’, que percorrerá diversos centros de ensino secundario da provincia. Esta actividade, que xa se pode solicitar a través da sede electrónica da Deputación, busca dar visibilidade ás mulleres do sector audiovisual galego, …

Xa está aberto o prazo de presentación de proxectos da II Edición de AGAPI IMPULSA COPROS, un programa gratuíto de asesoramento personalizado

AGAPI IMPULSA COPROS está dirixido a creadores e creadoras menores de 30 anos que presenten un proxecto orixinal de longametraxe ou serie para cine ou televisión, en galego ou en castelán. A convocatoria para presentar proxectos estará aberta ata o 10 de abril ás 13:59 horas. Un comité de tres produtoras …

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies