Agapi (Asociación Galega de Produtoras Independentes) organiza o vindeiro día 11 de febreiro unha xornada de formación en liña dedicada a analizar os aspectos relacionados coa coprodución dun proxecto audiovisual. Este proxecto forma parte do programa O teu Xacobeo da Xunta de Galicia e coa colaboración de EGEDA (Entidad de Gestión de Derechos de los Productores Audiovisuales).
Baixo o título ‘Camiños de produción. Os países do Camiño de Santiago como coprodutores naturais’ preténdese poñer o foco en diversas cuestións relacionadas coa produción para o mercado internacional.
A xornada será de balde e retransmitida en streaming pero precisará dunha inscrición previa. Os/as interesados/as deberán enviar un correo a prensa@agapi.gal antes do 9 de febreiro, indicando Nome e apelidos e enderezo electrónico.
PROGRAMA
Xornada formativa: ‘Camiños de produción. Os países do Camiño de Santiago como coprodutores naturais’.
DATA: 11 DE FEBREIRO DE 2021.
PLATAFORMA: ZOOM.
- 10h. Benvida. Uxía Caride, xerente AGAPI.
- 10.15h-11h. O caso de Alemania ‘A coprodución e mercado televisivo’. Fernanda del Nido (Setembro Cine) + Alfonso Blanco (Portocabo). Modera: Nati Juncal (Cósmica Producións).
- 11h-11.45h. O caso de Portugal ‘A produción crecente entre Galicia e Portugal’Xavi Font (Maruxiña Film Company) sobre o caso de estudo do filme ‘Ons’ + Paula Cons (Agallas) sobre o caso de estudo do filme ‘A illa das mentiras’. Modera: Iván Patiño (Amanita Studio).
- 11.45-12.30h. O caso de Francia ‘A terra prometida’. Chelo Loureiro (Abano Producións) sobre o caso de estudo da coprodución en marcha con Francia ‘Unircorn Wars’ + Felipe Lage (Zeitun Films). Modera: Nati Juncal (Cósmica Producións).
- 12.30-13h. O papel de Crea SGR no financiamento das coproducións. Rafael Lambea (Director General de Crea SGR).
- 13- 13.30h. As produtoras galegas no mercado internacional. Camiños de produción. Dani Froiz (Matriuska Producións) sobre a experiencia de rodaxe de ‘Que hicimos mal’.
- 13.30- 14h. As produtoras galegas no mercado internacional. Camiños de produción. Raúl García e Alba Prol (Meteórica Cine) sobre a experiencia derodaxe de ‘O gran Camiño’ (‘The great Way’).
- 14-14.30h. Preguntas foro. Modera: Uxía Caride, xerente AGAPI.