AGAPI e OFF ESCAC colaboran unha vez máis para a organización dun curso de Produción Executiva Avanzada 

AGAPI e OFF ESCAC colaboran unha vez máis para a organización dun curso de Produción Executiva Avanzada 

AGAPI e OFF ESCAC colaboran unha vez máis para a organización dun curso de Produción Executiva Avanzada 

AGAPI Asociación Galega de Produtoras Independentes e OFF ESCAC, a Escola de Oficios da Escola Superior de Cinema i Audiovisuals de Catalunya, únense unha vez máis para a organización dun curso de Produción Executiva Avanzada. A formación está destinada principalmente a empresas asociadas de AGAPI

O curso celebrarase en formato presencial na sede da SGAE en Santiago de Compostela e terá lugar os días 20,21,22,23, 29 e 30 de outubro, cun total de 45h de duración. O curso estará conformado por tres bloques de contidos, impartidos polos profesionais Rodolphe Sanzé, Sandra Tapia e Noemí Cuetos.

O Bloque 1: Posicionamento Estratéxico do Produtor Executivo aborda o rol do produtor executivo como figura clave na toma de decisións creativas, financeiras e estratéxicas dentro dun proxecto audiovisual con vocación internacional. Traballarase na construción unha identidade profesional sólida e no desenvolvemento de competencias como o liderado, a visión de mercado e a capacidade de xerar alianzas estratéxicas. A partir da análise de tendencias da industria e casos reais, o bloque busca fortalecer o posicionamiento do produtor executivo como motor creativo e xestor integral capaz de aliñar proxectos coas esixencias do mercado global. Docente: Rodolphe Sanzé.

O Bloque 2: Financiamento e Modelos de Empresa ofrece unha visión estratéxica e aplicada sobre como estruturar plans de financiamento internacionais, combinando fondos públicos, inversión privada, prevendas e coproducións. Exploraranse programas como MEDIA, Eurimages e Ibermedia, así como mecanismos de captación de recursos no mercado. Ademais, se analizarán distintos modelos empresarias do sector audiovisual, incluííndo estruturas xurídicas, fiscais e operativas, con foco na sostibilidade e no crecemento internacional das produtoras independentes. O bloque apoiarase en casos reais para ilustrar decisións clave na configuración financeira e empresarial dos proxectos. Docente: Sandra Tapia.

O Bloque 3: Posicionamento e Mercados enfócase en dotar aos produtores executivos das ferramentas necesarias para analizar e comprender os principais mercados internacionais audiovisuais, incluííndo Europa, América Latina, Asia e Estados Unidos. Estudaranse as tendencias de consumo en cine e plataformas dixitais, así como as dinámicas de festivais e mercados clave como EFM (Berlín), Marché du Film (Cannes), TIFF (Toronto) ou AFM (Los Ángeles) entre outros. O bloque aborda estratexias de segmentación e posicionamento de proxectos, o desenvolvemento de redes internacionais e tácticas de negociación, todo orientado a facilitar a internacionalización e comercialización exitosa de contidos audiovisuais. Docente: Noemí Cuetos.

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies